Pamos

Pamos
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega que leva como armas, escudo cuarteado: primeiro cuartel, en campo de azul, unha aguia da súa cor, picada e coas patas de ouro; segundo, en campo tamén de azul, unha cruz de ouro; terceiro, en campo de goles, un castelo, de ouro, e cuarto, en campo de ouro, un león rampante, de cor natural. Outra variante recolle, en campo de azul, dous ollos, de prata.

Palabras veciñas

Pamela | Pàmies i Bertran, Teresa | Pamir | Pamos | pampa | Pampa, La | Pampa, La