panteón

panteón

(

  1. s m

    Conxunto de divindades ou personaxes mitolóxicas que pertencen a unha cultura.

  2. s m
    1. Templo ou lugar dedicado a todos os deuses, especialmente no mundo clásico.

    2. Igrexa ou monumento funerario que contén as tumbas dos homes ilustres ou dos soberanos dun país, como a abadía de Westminster de Londres, o Panteón de Roma, a basílica da Santa Croce de Florencia, o Panteón de París, o Panteón Real do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial e o Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.

    3. Sepultura, xeralmente en forma de edificación no espazo ou subterránea, en que repousan os diferentes membros dunha familia.