Panteón Real ou capela das Reliquias

Panteón Real ou capela das Reliquias

Construción situada na catedral de Santiago de Compostela, a carón do claustro e enfronte do Tesouro. Ata 1535 o panteón situouse na capela de Santa Catarina. Conserva a lousa sepulcral do bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, e tumbas esculpidas nos ss XII e XIII, como a de Reimundo de Borgoña, Fernando II, Afonso VIII, Berenguela, Xoana de Castro, esposa de Pedro I o Cruel, e Pedro Froilaz, conde de Traba. A capela, obra de Juan de Álava, ten bóveda nervada e a súa porta é plateresca. Nun retablo neogótico consérvanse relicarios medievais e renacentistas.

Palabras veciñas

panteón | Panteón de Galegos Ilustres | Panteón de Roma | Panteón Real ou capela das Reliquias | pantera | panterlo | Panthalassa