Papio
Papio
[ANIMAL]
Xénero de primates cinomorfos, da familia dos cercopitécidos, ao que pertencen os babuínos ou papións. Son de dimensións grandes, co morro longo e calvo, mandíbulas fortes e cairos moi potentes. Teñen o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. O pelame é longo e abundante.