Parténope
Parténope
[MIT]
Serea que se botou ao mar, xunto coas súas irmás, pola desesperación provocada por Ulises, que se mostrou impasible diante do seu canto. As ondas depositaron o seu corpo en Campania, onde se edificou Partenopea, denominada posteriormente Neapolis (Nápoles).