Partido Revolucionario Institucional

Partido Revolucionario Institucional
Nome científico: [PRI]

Organización política mexicana creada en 1929 por Plutarco Elías Calles co nome de Partido Nacional Revolucionario. En 1946 tomou a denominación de PRI. A partir da presidencia de Cuauhtémoc Cárdenas (1934-1940), todos os presidentes de México foron membros ou gozaron do apoio deste partido. O PRI conseguiu que México desenvolvese unha política exterior independente e que tivese un papel destacado dentro do Terceiro Mundo. O elevado grao de corrupción da política mexicana debilitouno, cuestionado pola marcha de C. Cárdenas, que fundou o Frente Democrático Nacional (1988), e pola insurrección guerrilleira de Chiapas (1994).