partitura

partitura

(< ital partitura)

s f [MÚS]

Representación gráfica do conxunto de partes musicais, vocais ou instrumentais, dunha composición. A partitura sinfónica ordénase de xeito que os instrumentos de madeira ocupen a parte superior, debaixo os de metal, baixo estes os de percusión e na parte inferior os de corda.