Partito Popolare Italiano
Partito Popolare Italiano
Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.