paseo

paseo

(

  1. s m
    1. Camiñada ou desprazamento que se fai por pracer e despreocupadamente

      Ex: Foi dando un paseo ata o campo de fútbol.

    2. [HIST]

      Acción de levar a alguén á forza, durante a Guerra Civil Española, para executalo sen un xuízo previo.

      Ex: Houbo moitos paseos entre os veciños do lugar. OBS: Adoita empregarse a expresión dar o paseo. Ex: Déronlle o paseo a cinco presos.

  2. s m

    Lugar por onde se pasea, xeralmente unha rúa, avenida ou vía dunha certa amplitude con zonas arborizadas e especialmente habilitadas para os paseantes.

    Ex: O paseo da praia estaba atestado de xente.

  3. s m

    Distancia curta que se pode percorrer a pé.

    Ex: Da escola á miña casa hai un paseo.

  4. s m [MÚS]

    Cada unha das partes do baile tradicional galego que concatena os puntos, e que se realiza formando unha roda ou mediante uns pasos cara a adiante e atrás, ou cara aos lados, que serve de transición e descanso entre os puntos.

Refráns

  • Despois de comer e de cear, uns paseíños dar.

Palabras veciñas

paseante | pasear | paseniño | paseo | pasérido -da | paseriforme | pashto