paseriforme
paseriforme
(< lat científico Passer)
-
adx
Relativo ou pertencente aos paseriformes.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da orde dos paseriformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Orde de aves de dimensións pequenas ou medianas (de 7 a 120 cm), que teñen o vómer curto e amplo, a base do bico sen cera, 14 ou 15 vértebras cervicais, 9 ou 10 rémixes primarias, o uropixio nu e as patas adaptadas para agarrarse aos troncos, con catro dedos no mesmo nivel, tres dirixidos cara a adiante e o último cara a atrás, e coa unlla grosa e máis desenvolvida ca a do dedo medio. Todos constrúen niños máis ou menos complexos, no chan ou elevados, e os polos son nidícolas. Actualmente, coñécense 5.110 especies, é dicir, as 3/5 partes dos paxaros que habitan no mundo, agás na Antártida e en mar aberto.