pashto

pashto
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo pashto.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo pashto.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo iranio de relixión islámica. Comprende 60 tribos, entre elas os durani, os ghilzai e os afridi, que se subdividen en clans, subclans e familias patriarcais. A súa división entre Afganistán (8,8 millóns) e Paquistán (17 millóns) avivou as aspiracións de independencia.

  4. s m [LING]

    Lingua irania do phylum indoeuropeo que se escribe en alfabeto árabe. Xunto co persa é o idioma oficial de Afganistán, pero tamén se fala no NL de Paquistán. Influído literariamente polo persa e o urdú, as obras máis antigas datan do s XIII. Entre elas destacan as do místico panteísta Bāyāzīd Anṣārī (morto en 1585), as do seu detractor Aḥūnd Darweza (s XVII) e os poemas de Khušhāl Khān (morto en 1689), coñecido como o pai do pashto. Abunda a poesía popular cantada por recitadores profesionais, denominados ḋum.

Palabras veciñas

paseo | pasérido -da | paseriforme | pashto | pasíbel | pasibilidade | pasible