paternalismo
paternalismo
(
s
m
[SOCIOL]
Relación de tipo xerárquico rexida segundo o modelo dun pai de familia tradicional, en que o dominado debe a quen o domina obediencia, respecto e afecto, e o dominante ofrécelle en cambio seguridade, protección e afecto baseados na súa autoridade. Max Weber elaborou a definición ao estudar a situación coa clase obreira de principios do s XX. O movemento obreiro loitou contra o paternalismo dos patróns para saír da minoría de idade xurídica e moral á que os tiñan reducidos.