patronal
patronal
(< patrón)
-
adx
Relativo ou pertencente ao patrón ou ao padroado.
-
s
f
[ECON/POLÍT]
Asociación constituída por fabricantes ou patróns para defender os seus intereses económicos e sociais. O organismo cúpula da patronal no Estado español é, desde 1977, a Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), á que pertencen a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e a Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP).