Patronato de Obreros Católicos de San José
Patronato de Obreros Católicos de San José
Institución fundada na Coruña en 1903 polas Escuelas Populares Gratuítas, baixo a presidencia de Alfredo Bermúdez de Castro. As súas actividades abarcaron os campos relixioso, instrutivo, económico e recreativo, e dirixíronse tanto ao persoal da clase obreira, como a membros da burguesía e da nobreza. Os seus fins eran a protección dos obreiros cunha base relixiosa católica, e abranguían actividades culturais e recreativas. Desapareceu na década de 1920.