Patronato do Pedrón de Ouro

Patronato do Pedrón de Ouro

Fundación cultural privada de interese galego fundada en 1964 por Avelino Abuín de Tembra e Maximino Rodríguez Buján, baixo a presidencia de Octavio Sanmartín Rodríguez. Os seus obxectivos dirixíronse a premiar as personalidades que destacaran polas súas achegas á cultura galega, polo que anualmente entregan o galardón do Pedrón de Ouro e o Pergamiño de Honra e Loubanza, que se outorgan en Padrón.