1 pena

1 pena

(

  1. Pedra de gran tamaño que sobresae da superficie da terra ou do mar.

    1. s f

      Sufrimento, dano, ou castigo que se lle fai padecer a quen cometeu un delito ou falta.

      Ex: Puxéronlle como pena barrer toda a eira.

    2. s f [DER]

      Efecto xurídico, debido á comisión dun delito, entendido como a expiación ou retribución. Unha consideración individualizada do castigo pretende concibilo como tratamento con vista á reintegración social do delincuente. Pola súa modalidade, a pena pode ser privativa de vida, privativa de liberdade ou reclusión durante un tempo determinado en establecementos penitenciarios, restritiva de liberdade, xa sexa por expulsión do penado fóra do territorio nacional ou desterro, por confinamento, por impedimento de ir a un lugar concreto ou por afastamento, e pecuniaria, co pagamento da sanción ou multa. De acordo coa gravidade, pode ser grave, en relación co delito, e leve, en relación cunha falta; e, en canto á súa finalidade, considérase como unha prevención xeral e prevención especial.

    3. s f [RELIX]

      Castigo reservado aos pecadores.

    4. pena corporal [DER]

      Castigo, imposto polo dereito, que afecta á persoa ou á integridade física do delincuente. A pesar de que o concepto inclúe a pena de morte, limítase ás penas que tenden a causar un sufrimento físico. A partir da reforma de Cesare Bonesana a pena corporal desapareceu dos dereitos penais occidentais. En certas lexislacións, e con finalidade puramente euxenética ou de hixiene social, existe a práctica da esterilización ou castración.

    5. pena de morte/capital [DER]

      Pena máxima dentro de calquera ordenamento que priva da vida ao delincuente ao destruílo fisicamente. Historicamente a súa xustiza e oportunidade nunca estiveron discutidas, pero, desde a crítica de Cesare Bonesana e Jeremy Bentham, diversos países fórona abolindo. No Estado español, por impulso de Luis Jiménez de Asúa, foi abolida entre 1931 e 1938. A Constitución de 1978 volveu abolila, pero permaneceu aínda ata 1995 no código militar. Practicamente o único estado occidental que a mantén é EE UU.

    6. pena eterna [RELIX]

      Inferno, que inclúe a pena de dano e a pena de sentido.

    7. pena temporal [RELIX]

      Dor ou sufrimento de duración limitada, sufrida como expiación do pecado, nesta vida ou na outra.

  2. s f Antónimos: alegría.
    1. Sentimento de dor ou angustia morais que provén da ansia, do temor ou da compaixón. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amaina a pena chorar a causa dela. As penas, ou acaban ou se acaban. Dille a túa pena a quen non lle apene. O que non ten penas, invéntaas”.

      Ex: Dá pena velo tan abatido. É unha pena que sexa tan folgazán.

      Sinónimos: dor, mágoa. Antónimos: alegría.
    2. Feito que causa este sentimento.

      Ex: A súa gran pena foi non poder estudar.

      Antónimos: alegría.
  3. s f pl

    Complicacións, traballos ou padecementos que acontecen na vida.

    Ex: Tivo que pasar moitas penas para sacar os fillos adiante.

    Sinónimos: penalidade.

Sinónimos

Frases feitas

  • Pasar as penas do purgatorio. Sufrir moito durante un período relativamente longo de tempo.

  • Valer/Pagar/Merecer a pena. Ser importante ou estar ben empregado o esforzo ou traballo realizado. Ex: Vale a pena que leas este libro.

Palabras veciñas

PEN Club de Galicia | PEN Club International | pen(e)- | 1 pena | 3 pena | Pena | Pena