Persa, Imperio

Persa, Imperio

Antigo imperio dos aqueménidas que se estendía ao oeste ata Libia e o Danubio e ao leste ata o Indo e o Turkestán chinés. Fundado por Ciro II de Persia (550-530 a C), coas súas conquistas e as dos seus sucesores agrupou nun só bloque todo Oriente Medio e creou un novo equilibrio de forzas políticas e culturais que durou ata o s VII. En Persia propiamente dita os aqueménidas deixaron palacios, arquivos, tumbas e templos. Tamén hai restos en Susa e Ecbatana. Á morte de Darío III de Persia (331 a C), o imperio pasou a Alexandre o Grande. O fin da dinastía aqueménida non significou o fin do Imperio Persa. Alexandre o Grande considerouse sucesor de Darío III e, desde xeito, os aqueménidas convertéronse involuntariamente nos dirixentes do helenismo.

Palabras veciñas

perruquería | Perry, Ralph Barton | persa | Persa, Imperio | Perscheid, Nicola | Persea | persecución