Petroglifo
Petroglifo
[PUBLIC]
Revista semestral publicada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1991. Subtitulouse “Revista de la Asociación de Artes Gráficas e Impresión de Galicia”. Editada pola Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia, estivo dirixida por Masito Beiro e distribuíuse entre o sector gráfico galego e portugués, especialmente en escolas de artes gráficas de Galicia.