picunche

picunche
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo picunche.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo picunche.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo indíxena de América do Sur representante do grupo setentrional dos araucanos de Chile. Posuían unha ríxida división en castes e dedicábanse á agricultura e á cría de gando. Opuxéronse duramente á invasión castelá.

  4. s m [LING]

    Lingua que falaba o pobo picunche.