plaqueta
plaqueta
(< fr plaquette)
-
s
f
[FISIOL]
Célula anucleada do sangue, que intervén en todas as fases da hemostasia e da coagulación. As plaquetas orixínanse a partir dos megacariócitos da medula ósea, o bazo e o pulmón, e despois dunha vida media de 5 a 11 días destrúense no sistema retículo-endotelial destes órganos.
-
s
f
[ARTE]
-
Pequeno baixorrelevo de metal semellante ás medallas, pero de forma xeralmente rectangular. A maioría proceden de Italia, onde se empezaron a producir a partir do Renacemento.
-
Peza de ourivaría realizada exactamente como unha medalla, preferentemente rectangular.
-
-
s
f
[CONSTR]
Peza plana de cerámica para revestir solos e paredes.
Confrontacións: baldosa.