pléiade
(< lat Pleiădes < grΠλειάδες)
-
s
f
[MIT]
Cada unha das sete fillas de Atlas e de Pléione concibidas en Arcadia: Alciona, Astérope, Celeno, Electra, Maia, Mérope e Taíxete. Segundo unha das versións do mito, o cazador Orión namorouse de todas e seguiunas por un espazo de cinco anos, ata que se transformaron en pombas, primeiro, e máis tarde en estrelas, xunto co cazador e o seu can. OBS: Adoitan escribirse en maiúscula.
-
s
f
-
Grupo de persoas ilustres dedicadas á poesía ou á filosofía. O termo designou o grupo de sete eruditos gregos do s VII a C, tamén chamados sete sabios de Grecia. Tamén se aplicou ao cenáculo de poetas que xurdiu en Alexandría, no s III a C, dos que destacaban Apolonio de Rodas, Calímaco, Filisco e Teócrito.
-
Grupo de persoas ilustres ou famosas que aparecen ou se reúnen ao mesmo tempo.
-