Pléiades

Pléiades
[ASTRON]

Cúmulo aberto da constelación de Tauro, designado no catálogo Messier como M 45. Contén 150 estrelas coñecidas. A distancia media á que se localizan as estrelas é de 350 anos-luz. O cúmulo das Pléiades está mergullado nunha nebulosa que foi observada por primeira vez por L. Swift en 1874.