Pléiade, La

Pléiade, La

Nome que tomou a escola poética francesa de mediados do s XVI, agrupada ao redor de P. de Ronsard e integrada por Jean-Antoine de Baïf, Joachim du Bellay, Pontus de Thyard, G. des Autels, Étienne Jodelle, J. de la Péruse, quen, á súa morte, foi substituído por Rémy Belleau, e Jacques Pelletier du Mans. Clasicistas e preocupados pola elaboración de composicións eruditas e refinadas, uníaos un forte desexo de renovación da poesía francesa ante a escola de Marot e as propostas de Thomas Sibilet. Plasmaron os seus principios no manifesto Défense et Illustration de la langue française (1549), que asinou o teórico do grupo J. du Bellay.

Palabras veciñas

plectro | Plectrophenax | pléiade | Pléiade, La | Pléiades | plein air* | Pléione