Poa

Poa
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, da familia das poáceas, xeralmente perennes, de follas lineares, de espículas comprimidas dispostas en panícula, e de froitos en cariópside. Son propias das rexións frías e tépedas, e as especies máis características son P. annua, que se atopa nas beiras dos camiños e en lugares sen cultivar, P. bulbosa, que medra sobre todo en terreos frecuentados polo gando ovino, P. pratensis, en prados e lugares herbosos e é un bo pasto, e P. alpina, de distribución circumboreal.

Palabras veciñas

Po | Po | Po, chaira do | Poa | poáceo -a | poalla | poallar