poáceo -a
(< lat científico Poa)
-
adx
Relativo ou pertencente ás poáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das poáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas, da orde das ciperais, constituída por plantas herbáceas, anemófilas e de talos fistulosos chamados canas. As follas constan de limbo, xeralmente longo e estreito, dunha vaíña que envolve o talo, e dunha lígula. As flores son case sempre hermafroditas, formadas normalmente por tres estames, un ovario unilocular cun só primordio seminal, dous estilos con estigmas plumosos e dúas escamas pequenas chamadas lodículas e glumélulas, das que a glumela inferior ou lema é membranosa ou coriácea, e a superior ou pálea, é fina e delicada. Unha ou varias flores con brácteas forman unha espícula, que está protexida por dúas brácteas denominadas glumas. As espículas están reunidas en panículas, acios ou espigas. O froito é un cariópside. É unha familia cosmopolita de grande importancia na constitución dos prados, as sabanas e as estepas, así como na agricultura, como os cereais. Antigamente esta familia recibía o nome de gramíneas.