polbo

polbo

(< lat polypu < grπολύπους)

    1. s m [ANIMAL]

      Nome común co que se coñecen os moluscos cefalópodos da familia dos octopódidos. Son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos, cazadores e ambulatorios. Son de corpo mol, sen cuncha interna, e están provistos de mandíbulas con forma de peteiro de papagaio, oito brazos con ventosas e ollos complexos, provistos de córnea. A súa envergadura está comprendida xeralmente entre 40 e 60 cm, e só rarísimos exemplares chegan a alcanzar 3 m.

    2. polbo cabezudo/de altura/do limpo [ANIMAL]

      cabezón.

    3. polbo común [port: polvo; cast: pulpo; ingl: poulp] [Octopus vulgaris, Fam dos octopódidos]

      Molusco de ata 100 cm de lonxitude, de corpo globoso de cor entre grisácea e parda verdosa, pel ás veces con verrugas na parte superior do corpo, e provisto de oito tentáculos (brazos ou raxos) rodeando a boca, e con dúas fileiras de ventosas. O terceiro tentáculo está modificado nos machos, co extremo en forma de culler, e utilízao como órgano copulador introducindo os ovos no interior do corpo da femia. A reprodución ten lugar no inverno, para o que se achega á costa, onde permanece ata a primavera. É un invertebrado moi intelixente, cun cerebro moi desenvolvido e capaz de diferenciar figuras xeométricas. Habita nos rochedos e durante o día permanece en fendas e recunchos, e de noite caza e alimentase de moluscos, crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo. En Galicia é moi apreciado en gastronomía e constitúe un dos pratos máis tradicionais da nosa cociña.

  1. polbo á feira [ALIM]

    Forma tradicional de preparación do polbo, que consiste en cocer o polbo en grandes caldeiros de cobre. Despois córtase en anacos e bótaselle un pouco de aceite de oliva virxe, sal e pemento picante en po. Nalgunhas zonas acompáñase tamén con cachelos, xeralmente cocidos na mesma auga ca o polbo.

Formas incorrectas

pulpo

Refráns

  • O polbeiro, pouco diñeiro.

Palabras veciñas

polas albas | polavila | polbeiro -ra | polbo | polca | pólder | poldro -dra