poldro -dra

poldro -dra
  1. s

    Cabalo ou egua novos, que aínda non mudaron os dentes.

  2. s m
    1. Aparello á maneira dunha gaiola grande de madeira que serve para suxeitar e suspender pola parte dianteira os cabalos, os bois ou calquera outro animal que se vaia ferrar.

    2. Aparello constituído por dúas barras lonxitudinais que se xuntan nun extremo e que estan fixadas ao chan para suxeitar as vacas cando o touro as cobre.

  3. s m [HIST]

    Cabalete de madeira no que se suxeitaba o reo para sometelo a certas torturas. As cordas que ataban os membros do torturado adoitaban estar fixadas a un torno que, ao virar, tensaba as ataduras e producía dislocacións e esgazamentos musculares.

  4. s m [DEP]

    Aparato de ximnasia para facer saltos, que consiste nunha peza cuadrangular forrada de coiro ou doutro material, e sostida por catro patas, que se poden graduar a diferentes alturas.

Refráns

  • Agora, que ten poldro, parece outro.
  • Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo.
  • O poldro, primeiro de outro.
  • Onde poldros nacen, eguas pacen.

Palabras veciñas

polbo | polca | pólder | poldro -dra | pole | Pole | Pole, de la