polca

polca

(

s f [MÚS]

Danza, e música que a acompaña, orixinada en Bohemia arredor de 1830. De compás 2/4 e tempo rápido, fíxose moi popular en Europa e América. B. Smetana e A. Dvořák introducírona na música culta. Unha das súas variantes é a polca paraguaia. En Galicia tivo moita difusión durante o s XX grazas ao labor das bandas de música e dos grupos tradicionais de gaitas.

Palabras veciñas

polavila | polbeiro -ra | polbo | polca | pólder | poldro -dra | pole