Pontevedra, San Roque de
Pontevedra, San Roque de
Capela situada en Pontevedra. Localízase no barrio de San Roque, que se corresponde coa Moureira de Abaixo, relacionado co barrio da Moureira, onde residía o Gremio de Mareantes. O primitivo templo erixiuse nas Corbaceiras, preto do porto, para protexer a cidade dos efectos mortais dos barcos infectados de peste, pois san Roque está considerado como o avogado contra a peste. En 1861 a capela trasladouse á súa actual localización. Ten planta cadrada con nave única. Destaca a torre campanario situada na portada principal e unha imaxe de san Roque situada nun lateral exterior.