Porqueira, torre de

Porqueira, torre de

Antiga fortaleza situada en Porqueira, construída na aresta do val pois tiña a función de impedir a penetración desde Portugal polo Limia. Coñécese tamén co nome de torre da Forxa ou torre de Firveda. Consérvase a torre da homenaxe ou torre forte, construída no s XI ou XII, de planta cadrada e realizada en cantaría. A entrada estaba situada máis alta que o terreo por motivos de defensa e o seu acceso ten unha escaleira de pedra. A porta dá paso a unha escaleira interior. Destaca a porta con arco oxival e as ménsulas decoradas. En 1387 ocupouna o duque de Lancaster durante a guerra entre Pedro I e Enrique de Trastámara e no s XV foi escenario das Guerras Irmandiñas, cando pertencía aos Benavente. Foi abandonada ao longo da Idade Moderna. Foi declarada BIC en 1994.