Porqueira, mosteiro de

Porqueira, mosteiro de

Antigo mosteiro situado en Porqueira. O primeiro documento en que se menciona o mosteiro é de 1054, coa denominación de mosteiro de Porcaria. Noutro documento de 1074 faise referencia ao mosteiro de Porcaria baixo a advocación de Santiago Apóstolo. De carácter familiar e hereditario, en 1127 o seu dono, Fernando Núñez, vendeu parte do mesmo ao bispo de Ourense que estaba baixo a advocación de santa María. A mediados do s XII foi rexentado pola orde dos Cóengos Regulares de Santo Agostiño e a mediados do s XIV pola orde de San Xerome. O seu prior titulábase abade de San Lourenzo, señor de Guía e Cartelas e señor xurisdicional de Forxa.