Portomarín, ponte nova de

Portomarín, ponte nova de

Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Datada no s XX, realizouse en cantaría e cachotaría con arcos rebaixados e tallamares redondeados. Ten sete vans e situábase na estrada de Portomarín a Sarria e foi asolagada no encoro de Belesar.