1 posta

1 posta

(

    1. s f

      Acción e efecto de colcar nun lugar ou nunha situación determinados, ou dispoñer na forma e no grao adecuados.

    2. s f

      Acción e efecto de dispoñer ou preparar o necesario para algún fin.

    3. posta a punto [TECNOL]

      Operación ou conxunto de operacións para optimizar o funcionamento dunha máquina ou dun aparello.

  1. s f

    Acción e efecto de poñerse o Sol.

    Sinónimos: ocaso, postura, solpor.
  2. s f [ZOOL]
    1. Acción e efecto de pór ovos un animal ovíparo, especialmente unha ave.

      Sinónimos: postura.
    2. Período durante o que os animais, especialmente as aves, poñen ovos.

    3. Conxunto de ovos que pon un animal ovíparo, especialmente unha ave, nun período de tempo determinado.

      Sinónimos: postura.
  3. s f [PESCA]

    Lugar marcado polos pescadores no mar ou nun río, para que non fondeen barcos ao ser axeitado para a pesca.