2 posta

2 posta

(

  1. s f [HIST]
    1. Servizo de cabalarías, apostadas nos camiños a intervalos convenientes, para renovar os cabalos do correo ou o tiro das dilixencias.

    2. Estación onde descansaban os correos ou as dilixencias e onde se cambiaban os cabalos.

    3. Etapa do camiño, entre unha posta e outra, que se percorría cun mesmo tiro.

  2. s f [BÉL]
    1. Acción de vixiar esperando ou aposto nun lugar.

    2. Lugar en que un soldado é responsable dunha misión de vixilancia.

    3. Misión de vixilancia designada a un soldado.

  3. s f [BÉL]

    Bala de chumbo de pequeno tamaño, meirande ca o perdigón.