pousa

pousa

(< pousar)

  1. s f

    Acción e efecto de pousar.

  2. s f

    Descanso que se fai durante o traballo.

    Ex: Fixeron unha pousa no medio do camiño.

  3. s f

    Casa de campo que se utiliza para o descanso.

  4. s f

    Lugar onde se pousa unha carga para descansar.

    Sinónimos: pousadoiro, pouso.

Frases feitas

  • Ás pousas. Expresión que indica que unha carga se leva entre varias persoas cada un un pouco.