presa
(< lat prensa, p de prĕndĕre)
-
s
f
Cantidade de cousas que collen no oco das mans dunha vez.
Sinónimos: manela, manelo, presada. -
s
f
[ENX/CONSTR]
-
Obstáculo artificial, xeralmente de obra, construído a través dun curso de auga, para desviala ou detela co fin de facela chegar a un lugar determinado ou de regular o seu caudal, encorala ou crear un salto para aproveitar a enerxía. As presas de contención ou de regulación están construídas transversalmente á corrente dun río ou dunha canle, co fin de crear un determinado desnivel e así, facer navegable a zona de augas arriba, ou ben crear un salto aproveitable para a utilización da enerxía, ben directamente para mover máquinas, ben para producir enerxía eléctrica; para absorber unha parte da auga das cheas ou riadas, alimentar unha canle navegable ou de rego, garantir a chegada de auga a unha fábrica, a unha vila ou a outro lugar, independentemente das flutuacións de caudal da corrente e doutros aspectos. Estas presas adoitan ser móbiles, e están clasificadas, xeralmente, en presas de vigas, de agullas, de cilindros e de comportas, segundo sexa o elemento móbil que detén a auga. As presas de encoro adoitan estar construídas con obra de fábrica transversalmente nun val, cerrándoo, para acumular un determinado volume de auga destinado ao rego, ao consumo en grandes concentracións urbanas, á súa utilización como forza motriz ou como produtora de enerxía eléctrica ou outros usos, e como protección contra as riadas.
Sinónimos: encalco, preseira, represa, vaira. -
olume de auga desviada ou detida por esta construción.
Sinónimos: encalco, encoro, preseira.
-
-
s
f
Conduto ou canle polo que se desvía ou conduce auga dun lugar a outro.
-
s
f
Cousa ou conxunto de cousas que se collen á forza despois dunha loita.
-
s
f
Persoa ou animal que pode ser apreixado.
-
s
f
Unlla da ave de rapina.
-
presa marítima
[DER]
Nave de guerra ou neutral da que se apodera un dos belixerantes na guerra marítima.
Refráns
- A gran présa, gran vagar.
- A máis présa, máis vagar.
- Apresúrate despacio.
- Aquel que anda moi de présa, sempre adolta chegar tarde.
- Ben axiña se fai o que ben se faí.
- Bícame axiña, que teño présa.
- Canta máis présa, máis vagar.
- Canto máis tempo se gaña, máis tempo se perde.
- Corran as cousas canto quixeren, que xa pararán, se queren.
- De correr a parar non hai moito que andar.
- Gañando tempo pérdese tempo.
- Moitas veces a présa só é falta de vagar.
- Non por moito correr se chega máis axiña.
- O moito correr trae o pouco andar.
- O que moito corre, non vai para lonxe.
- Para comer e cagar, a ninguén se ha de apurar.
- Pouco a pouco vaise a lonxe; e, correndo, a mal lugar.
- Quen de golpe bota auga no pote, máis derrama que recolIe.
- Quen leva présa, no bo camiño tropeza.
- Quen moito corre, logo cae.
- Se tes présa, vaite con calma.
- TelIado feito de contado non tarda en ser retelIado.
- Vísteme despacio que teño presa.