profesión

profesión

(< lat professĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de profesar.

    1. s f [RELIX/DER]

      Acto xurídico-relixioso polo que un cristián abraza publicamente e de xeito estable a vida relixiosa, e se compromete a cumprir os votos propios dun instituto. Se o compromiso é para toda a vida, a profesión pode ser perpetua, e constitúe un verdadeiro pacto entre o instituto e o individuo, ou simple, cando o instituto se reserva o dereito de despedida. Esta, ademais, pode ser só temporal, e supón unha segunda proba tras a que o relixioso pode profesar os seus votos perpetuos ou volver ao estado secular. A renovación da vida relixiosa substituíuna por unha simple promesa.

    2. profesión de fe [RELIX]

      Declaración de adhesión dunha persoa ou dunha comunidade a unha determinada relixión. Sintetiza o esencial da doutrina relixiosa nunha fórmula aprobada. Ten un carácter público e oficial na liturxia eucarística, no bautismo ou nos concilios.

  2. [SOCIOL]
    1. s f

      Actividade permanente, que require un título ou unha preparación, e que serve como medio de vida, e ademais determina o ingreso nun grupo profesional concreto.

      Sinónimos: oficio.
    2. s f

      Conxunto de persoas que teñen o mesmo oficio.

    3. profesión liberal

      Actividade de tipo intelectual que se exerce de maneira independente.