psicostasia

psicostasia

(

s f [MIT]

Xuízo mítico da alma celebrado despois da morte, no Antigo Exipto. A cerimonia descríbese no Libro dos mortos: Thot pesa o corazón do defunto e admíteo ou non no reino de Osiris. Foi un tema iconográfico común na arte funeraria exipcia e introduciuse en Occidente a través da arte copta. O que sostén as balanzas adoita ser o arcanxo san Miguel.