psicose
(< psico- + -ose)
Termo xenérico que designa un certo tipo de desordes e enfermidades mentais, xeralmente graves e caracterizadas a miúdo por unha alteración global da personalidade, que adoitan comportar a exclusión de referencia ás afeccións psicosomáticas, ao atraso mental, ás sociopatías e, sobre todo, ás neuroses. Dentro das psicoses, fálase de psicoses constitucionais (ou sintomáticas), que poden ser orgánicas ou tóxicas, e que se deben a taras cerebrais hereditarias espontaneamente manifestadas ou xurdidas por outras afeccións patolóxicas (infeccións, intoxicacións, traumas afectivos), e de psicoses funcionais (ou afectivas), das que destacan a psicose maníaco-depresiva, a esquizofrenia e, como especie concreta das psicoses involutivas, a síndrome melancólica.