pulmón

pulmón

(

  1. s m [ZOOL]

    Cada un dos sacos cegos que, xeralmente en número de dous, se localizan no interior da maior parte dos anfibios e en todos os réptiles, aves e mamíferos, con función respiratoria, aínda que por extensión tamén se denomina así a outros órganos de misión respiratoria, pero de orixe ou constitución diferente, como é o caso dos órganos dalgúns moluscos gasterópodos terrestres, a filotraquea, tamén coñecida como pulmón en libro, dos arácnidos, e, con máis propiedade, ás vexigas natatorias modificadas polos peixes dipnoos. Os verdadeiros pulmóns son os dos vertebrados tetrápodos. Os dos anfibios adultos son moi simples e levan a termo o intercambio gasoso xunto coa pel do corpo e a da boca e a farinxe. Os movementos respiratorios nos anfibios mediante a subida ou baixada da base da boca, provoca a entrada ou a saída de aire nos pulmóns. Nalgúns réptiles e nas aves, á parte dos movementos laterais, xa hai unha especie de diafragma. Nas aves, ademais, existen os sacos aéreos, cavidades que, conectadas cos pulmóns, permiten unha maior capacidade de intercambio gasoso, posto que fan que o aire percorra un camiño máis longo tanto de saída como de entrada. Nos mamíferos alcanzan maior grao de complicación e os movementos respiratorios efectúanos o diafragma, os músculos intercostais e, nalgúns casos, os músculos abdominais.

    Confrontacións: boche, bocho, bofe, bucho.
  2. pulmón artificial/de aceiro/de ferro [MED]

    Aparato para manter a respiración artificial durante un tempo prolongado.