purgación
purgación
(< lat purgatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de purgar ou de purgarse.
Sinónimos: purga. -
s
f
[RELIX]
Expiación das culpas veniais e dos pecados temporais, sobre todo no purgatorio.
-
s
f
[RELIX]
Acto solemne da Idade Media co que unha persoa acusada publicamente podía purgar a infamia, é dicir, desculparse de todos os efectos xurídicos, poñendo a Deus por testemuña da propia inocencia. A Igrexa recoñecía para un eclesiástico a purgación canónica. Non recoñecía as ordalías.
-
s
f
[PAT]
-
Evacuación de pus, de humores naturais ou patolóxicos, debido ao efecto dunha substancia purgante.
-
blenorraxia.
-