purgante
purgante
(< lat purgante)
-
adx
Que serve para purgar ou permite realizar unha purga.
-
adx
Que limpa o intestino de substancias prexudiciais.
-
s
m
[MED]
Medicamento que ten efecto purgante a causa do principio activo que contén. Clasifícanse en purgantes salinos, que actúan dificultando a absorción; purgantes con acción excitante da mobilidade do intestino delgado (aceites, resinas); purgantes con acción excitante sobre a mobilidade do intestino groso (derivados do antraceno, ácidos biliares); purgantes que actúan para lubricación da parede intestinal (o aceite de parafina); e purgantes antraquinónicos (áloe ou ameneiro).
Sinónimos: purga. Confrontacións: laxante.