paulonia
paulonia
(< antropónimo Ana Pavlovna,filla do Tsar Paulo I de Rusia, a quen se lle dedicou esta planta)
s
f
[PLANTA]
Árbore caducifolia, de ata 15 m de altura, copa ancha e pólas ascendentes, follas alternas de gran tamaño, amplamente ovadas, enteiras ou trilobadas, provista de flores tubulares con lobos estendidos, violáceos por fóra e negros por dentro, dispostos en inflorescencias en panículas vistosas e froito en cápsula leñosa dehiscente con pequenas sementes aladas. Florece en maio. É orixinaria de Asia oriental (China e Xapón). En Galicia cultívase como planta ornamental. Proporciona unha madeira lixeira, de aplicacións variadas.