Paulo/Paula
Paulo/Paula
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe no latín Paulus, ‘pequeno’, e este á súa vez de Paullus, cognome romano, talvez derivado dun alcume que un membro da gens Aemilia mereceu pola súa baixa estatura. Presenta a variante Paulos. A festividade do apóstolo san Paulo celébrase o 29 de xuño (martirio) e o 25 de xaneiro (conversión); san Paulo de Tebas o 15 de xaneiro (eliminado despois do Concilio Vaticano II); san Paulo, bispo de Constantinopla, o 7 de xuño; san Paulo Miki o 6 de febreiro; san Paulo da Cruz o 19 de outubro; san Paulo I o 28 de xuño; santa Paula, a mártir, o 3 ou 18 de xuño e santa Paula, a relixiosa, o 26 de xaneiro.