Pío V, san
Pío V, san
Papa (1566-1572). De nome Antonio Ghisleri, era dominicano do grupo reformador e quixo facer dos Estados Pontificios o ideal dun estado reformado. Defendeu a liberdade eclesiástica e enfrontouse con Filipe II pola bula In Coena Domini. Patrocinou a formación da escuadra contra os turcos (Lepanto, 1571) e excomungou a Isabel I de Inglaterra en 1570. Publicou Catechismo romano (1566), Breviari (1568) e Messali (1570), de acordo cos decretos de Trento. A súa festividade celébrase o 30 de abril.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bosco Marengo, Alexandría -
Deceso
Lugar : Roma