primixenio -nia

primixenio -nia

(< lat primigenĭu)

  1. adx

    Que é primitivo ou orixinario.

  2. caldo/sopa primixenia [BIOL]

    Mestura de metano, hidróxeno, amoníaco e dióxido de carbono que habería na Terra hai 4.600 millóns de anos. S. L. Miller demostrou, mediante un experimento no que introduciu unha mestura destes gases nun tubo de vidro e a someteu a descargas eléctricas, calor ou a radiacións ultravioletas, que se obtiñan aminoácidos dos que, posteriormente, podería saír a vida.

Palabras veciñas

Primitivo, El | Primitivo, san | Primitivo/Primitiva | primixenio -nia | Primo | primo -ma | Primo de Rivera