Queixo Arzúa-Ulloa

Queixo Arzúa-Ulloa

Denominación de orixe creada pola Orde de 26 de decembro de 1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas comarcas de Arzúa, Chantada, Terra de Melide e A Ulloa, e nos concellos de Boqueixón, Curtis, Frades, Friol, Guntín, Mesía, Portomarín, Ordes, Oroso e Vilasantar. Presenta tanto forma cónica como lenticular cunha codia branca ou amarelenta elástica e unha pasta branda. O seu sabor é lixeiramente ácido, polo que adoita consumirse acompañado de marmelo ou mel. Elabórase con leite enteiro de vaca, pasteurizado, callado con callo animal e madurado durante máis de quince días. Durante este proceso lávase diariamente, o que lle dá o aspecto elástico á súa codia. Posúe arredor do 45% de materia graxa por peza. As súas variedades son o queixo Arzúa-Ulloa, o queixo Arzúa-Ulloa de granxa e o queixo Arzúa-Ulloa curado.

Refráns

  • Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.
  • No mes de abril fai queixos mil e no mes de maio fai tres ou catro.
  • No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro.
  • O cardo e o queixo, ao peso.
  • O queixo e o barbeito en abril ou maio sexa feito.
  • O queixo mellor é fresco, porque non está tan seco.
  • O queixo san é o que dá o avaro.
  • Tanto pan como queixo e tanto queixo como pan, ben o como se mo dan.

Palabras veciñas

queixir | 1 queixo | 2 queixo | Queixo Arzúa-Ulloa | Queixo de San Simón da Costa | Queixo do Cebreiro | Queixo Tetilla