Radio Líder
Radio Líder
[COMUN]
Cadea privada de emisoras radiofónicas de ámbito rexional que comezou a emitir o 17 de maio de 2001. Inserida no Grupo Líder, xurdiu baixo a denominación Cadena Noroeste--Radio Líder co obxectivo de ser a primeira emisora privada e de ámbito galego que combinara a programación musical coa convencional. Dirixida por Javier Sánchez de Dios, ten programación propia e frecuencias distribuídas maioritariamente na Coruña e Pontevedra.