Radio Voz
Radio Voz
[COMUN]
Cadea privada de emisoras radiofónicas de cobertura rexional creada en febreiro de 1994 polo Grupo Voz. Xurdida dun conxunto de emisoras preexistentes -Antena 3 Radio, Radio Noroeste e outras menores-, adquiridas pola corporación, nunha primeira etapa a cadea mantivo cobertura nacional, con algunhas emisoras fóra de Galicia. Entre 2000 e 2002 o grupo chegou a un acordo con Onda Cero para emitir a programación nacional de Onda Cero con desconexións locais en Galicia. Desde 2002 emitiu programación propia desde oito emisoras galegas.