Radio Minuto
Radio Minuto
[COMUN]
Cadea de emisoras radiofónicas de radiofórmula constituída en 1983. De ámbito nacional, pertenceu a unha sociedade do Grupo Prisa, Comunicación Radiofónica S. A., que posteriormente se inseriu no hólding Unión Radio, constituído en 1993, ano en que se fusionou con Radio 80, de Antena 3 Radio, polo que a emisora desapareceu e a súa infraestrutura serviu para crear M 80.